Google+ Followers

O TEMPO

.................................................................................................................................................................................................O TEMPO

MAREAS E LUAS

............................................................................................................................................................................................MAREAS E LUA

RADAR CHUVIA

............................................................................................................................................................................................RADAR CHUVIA

you tube

................................................................................CANAL YOUTUBE DA ESCOLA DE VELA

mi canal youtube

............................................................................

martes, 8 de marzo de 2016

SURCANDO O OBRADOIRO CA DORNA CABUXIÑA

Era un mércores e o lujar escollido para faser unha reportaxe fotojráfica para a revista “Compostelán” foi a mítica e emblemática prasa do Obradoiro. E alí presentáronse aljúns dos membros da peña “Os Cabuxos do Mar” coa dorna polbeira “Cabuxiña”.
O motivo desta “performance dorneira” foi unha das múltiples labores de promosión da Festa da Dorna nos medios de comunicasión porque xa sabedes que aínda que o produto sexa bo, sen unha axeitada posta en escena non se vende un chíu.
Os cabuxos presentes na “navejasión dorneira” foron: o Home do Catalexo, o capitán Estachas, o Escribán Palmeirán, o Documentalista Impasiente, o Doutor Dolittle e o Señor Jacobix.
Sumouse a eles a representante da peña “Parrochiñas da ría”, cuio diminutivo non se pode disir polo Río da Prata porque significa “parrochiña”.

P. D.: Si, era xuño, pero fasía un vento que metía medo e unha friaxe que rachaba o cutis. Xa sabedes, un xuño dos de antes.


jueves, 3 de marzo de 2016

COMO HEMOS CAMBIADO VENANSIO.............

Entrevista na TVG no pojrama de Moncho Lemos fai unhas décadas cando as rans criaban pelo disque. Os entrevistados Marselo Valeiras e Santiajo Páramo ensima dunha das dornas da asosiasión e escola de vela.

lunes, 29 de febrero de 2016

SELEBRASIÓN DOS 50 ANOS DA FESTA DA DORNA



Xa hai case dúas décadas selebramos os 50 anos da “Festa máis rachada”. Para os que non teñen memoria (ou estaban na casa planchando a pañoleta para a Jran Noite) o fixemos cunha sinxela serimonia (pero jodidamente complicada) que consistíu en botar ó aire ribeirense uns jlobos de papel (tantos como Sinjladuras tiña pasada a Dorna). Como podedes ver no vídeo houbo quen tivo éxito e outros non tanto.
As imaxes son unha escolma das diversas actividades de diferentes edisións da festa os anos anteriores a esa selebrasión do 50 aniversario da Festa da Dorna. Por serto, o “speech” da historia da Dorna o fai o “Valdano da Festa”.
As imaxes forman parte da historia da Dorna que vai aparesendo non se sabe onde, non se sabe como, nin tampouco por que… pero que van chejando a nós como rejalos de nuestro señor. E o que ten mover os mobles, limpar o faiado ou arrejlar o jaraje.

E si atopades a aljén coñesido nos “vidrios” non vos riades… o tempo pasa tamén para vos. 

lunes, 6 de julio de 2015

PRIMEIROS ENCONTROS DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS--- RIVEIRA 1993

























O vindeiro fin de semana celébranse os XII encontros de embarcacións tradicionais en Cabo de Cruz-Boiro.


Os primeiros encontros fixéronse no ano 93 na nosa aldea de Riveira, donde se coceu todo o que hoxe en día veñen sendo os encontros de embarcacións tradicionais de Galicia, que se celebran cada dous anos nun punto distintivo da xeografía do noso país. Disfrutade do material audiovisual, dun pequeno resumo do que foron os pionerios encontros celebrados en mares riveirenses.