Entrevista na TVG no pojrama de Moncho Lemos fai unhas décadas cando as rans criaban pelo disque. Os entrevistados Marselo Valeiras e Santiajo Páramo ensima dunha das dornas da asosiasión e escola de vela.
O TEMPO
MAREAS E LUAS
RADAR CHUVIA
you tube
................................................................................CANAL YOUTUBE DA ESCOLA DE VELA
jueves, 3 de marzo de 2016
lunes, 29 de febrero de 2016
SELEBRASIÓN DOS 50 ANOS DA FESTA DA DORNA
Xa hai case dúas décadas selebramos
os 50 anos da “Festa máis rachada”. Para os que non teñen memoria (ou estaban
na casa planchando a pañoleta para a Jran Noite) o fixemos cunha sinxela serimonia
(pero jodidamente complicada) que consistíu en botar ó aire ribeirense uns
jlobos de papel (tantos como Sinjladuras tiña pasada a Dorna). Como podedes ver
no vídeo houbo quen tivo éxito e outros non tanto.
As imaxes son unha escolma
das diversas actividades de diferentes edisións da festa os anos anteriores a
esa selebrasión do 50 aniversario da Festa da Dorna. Por serto, o “speech” da
historia da Dorna o fai o “Valdano da Festa”.
As imaxes forman parte da historia
da Dorna que vai aparesendo non se sabe onde, non se sabe como, nin tampouco
por que… pero que van chejando a nós como rejalos de nuestro señor. E o que ten
mover os mobles, limpar o faiado ou arrejlar o jaraje.
E si atopades a aljén
coñesido nos “vidrios” non vos riades… o tempo pasa tamén para vos.
miércoles, 9 de septiembre de 2015
RESUMO ENCONTROS CABO DE CRUZ 2015, RUMBO DE COLISIÓN DA DORNA "NAI"
lunes, 6 de julio de 2015
PRIMEIROS ENCONTROS DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS--- RIVEIRA 1993
O vindeiro fin de semana celébranse os XII encontros de embarcacións tradicionais en Cabo de Cruz-Boiro.
Os primeiros encontros fixéronse no ano 93 na nosa aldea de Riveira, donde se coceu todo o que hoxe en día veñen sendo os encontros de embarcacións tradicionais de Galicia, que se celebran cada dous anos nun punto distintivo da xeografía do noso país. Disfrutade do material audiovisual, dun pequeno resumo do que foron os pionerios encontros celebrados en mares riveirenses.
martes, 9 de diciembre de 2014
lunes, 13 de octubre de 2014
BOTADURA DA JALERNA....NAS LETRAS GALEGAS DO 1997(video)
Archivo histórico da botadura da JALERNA alá polo año 1997 de nuestro señor. O buque insignia das "xeiteiras" da ReI COFRADÍA DA DORNA pasou a formar parte do patrimonio da asociación cultural e da escola de vela, xunto as demaís que actualmente conforman o parque tradicional da escola de vela: VIRXE DO CARMEN, JALERNA e NAI.
No video podemos comprobar a cantidade de xente que antes se xuntaba o carón das embarcacións da asociación, pero por desgraza a maioría quedouse polo camiño.
Moitos continuamos, hoxe en día, co traballo da escola de vela e ó coidado e mantemento do patrimonio cultural da asociación, o único patrimonio cultural que ten e que por estatutos debe preservar e promocionar.
PARA VER O VIDEO EN HD E RECUPERAR CALIDADE DE IMAXE DEBIDO Á ANTIGÜEDADE DO MESMO, CANDO PULSEDES O PLAY , NA PARTE DE ABAIXO DA DEREITA SÁLEVOS Ó LADO DE "YOUTUBE" UNHA RODIÑA . PULSADES NELA E PODEDES CAMBIAR A 720HD DONDE PON "CALIDAD"
viernes, 3 de octubre de 2014
UN POUCO DE TEORÍA DAS DORNAS..
Un pequeno achegamento á embarcación DORNA
Sobre a orixe da dorna non imos debater aquí. Moitas son as teses sobre
este tema: desde as orixes nórdicas duns ata a influencia das embarcacións mediterráneas, pasando polas similitudes con
embarcacións da chamada área cultural celta.
Pero... por que non podemos pensar que á dorna é unha embarcación
orixinariamente galega, o que non exclúe a importancia das influencias e
achegas recibidas polo contacto con outras culturas, como defende o noso
primeiro presidente Santiago Páramo no seu estudio sobre as dornas?
... Por que os nomes dos costados son específicos das dornas: arca ou meo para babor e couso para estribor, que ben puideron
ser tomados de puntos xeográficos da boca da ría como a punta da Arca ou Couso
en Aguiño?
... Non será quizais que nunha área determinada, o remate da península do
Barbanza na ribeira norte da ría de Arousa, nunha época imprecisa desenvolveuse
un tipo de embarcación propia que acabou estendéndose polo litoral das Rías
Baixas?
... O nome definitorio de “dorna carreirana” non terá que ver co berce da
súa orixe?
O que é indiscutible é que a dorna é a embarcación máis representativa da
Nosa Terra.
A construción tradicional das dornas consiste nunha técnica chamada tingladillo que na ribeira norte da ría
de Arousa coñécese como de calime.
Este consiste na superposición das táboas do casco como se fosen tellas, sendo
isto unhas dos grandes sinais de identidade das dornas.
O tamaño dunha dorna determina tamén o tipo da mesma e o tamaño mídese por cuartas de quilla, equivalendo esta a
21 centímetros.
O tipo de dorna ven definido polo seu tamaño, que está determinado polas
artes de pesca e traballos no mar ó que son destinadas. Tradicionalmente, tres
tipos de dorna son subliñados: polbeira, trasmalleira e xeiteira.
A polbeira é a máis pequena das
dornas, estando as súas medidas ó redor das 7 ou 8 cuartas de quilla. A súa
actividade vai dirixida á pesca do polbo, a pesca de liña ou a colleita da
ameixa e a súa actividade realízase nas augas interiores da ría. Pode ser
tripulada por un só mariñeiro.
A trasmalleira, ocupa un tamaño
intermedio entre a polbeira e a xeiteira e empregábase para a pesca con
trasmallos, liñas e palangres.
A xeiteira, é a maior das
dornas(máis de doce cuartas) e a que maior tripulación precisaba, sendo a súa
arte de pesca, o xeito. Está deseñada para navegar en mar aberto, máis aló da
boca da ría na procura dos bancos de sardiña. A súa tripulación podía estar
composta por media ducia de mariñeiros.
As dornas tradicionais van aparelladas con vela “ó terzo” ou de relinga. O
emprego dos remos na propulsión presenta a característica voga cruzada que
permita a un mariñeiro pescar coa liña e facer as manobras pertinentes ó mesmo
tempo.
Podemos observar outra diferenza tipolóxica nas dornas, entre as dornas
carreiranas e mecas, atendendo ó lanzamento da proa destas últimas, sendo
propias do litoral do Grove.
Coa introdución do motor e as novas innovacións técnolóxicas motivaron que
os carpinteiros de ribeira fosen adaptando as dornas ás novas necesidades
suscitadas, adaptando a embarcación en función dos usos e necesidades das súas
actividades. Por exemplo, a aparición da dorna
de tope, unha variante construtiva da tradicional dorna de calime que
presenta un forro liso, levando as xuntas das táboas da obra viva unidas a tope.
Unha bibliografía para achegarse ó
mundo das dornas e das embarcacións tradicionais:
Mörling, Staffan. As embarcacións
tradicionais de Galicia (Ed. Consellería de Pesca, 1989)
Mörling, Staffan. “Lanchas e dornas: a estabilidade cultural e morfoloxía
das embarcacións na costa occidental de Galicia” (Consellería de Pesca, 2005)
Páramo Aller, Santiago. “As dornas. No marisqueo e na pesca artesanal na
Arousa Norte” (Consellería de Pesca, 1991)
Lourenzo Fernández, Xaquín. “As dornas de Porto do Son” (Revista Nós nº
126-127, 1934)
Fariña Bustos, Francisco. “Sobre el origen histórico de la dorna”. (Boletín
Auriense, tomo V, 1975)
Massó y García-Figueroa, J. Mª. “Barcos en Galicia de la prehistoria hasta
hoy y del Miño al Finisterre” (Deputación de Pontevedra, 1982)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























.jpg)
.jpg)
.jpg)