Imaxes dunha das dornas da escola de vela da cofradía da dorna, a vista de ajilucho.....
O TEMPO
MAREAS E LUAS
RADAR CHUVIA
you tube
................................................................................CANAL YOUTUBE DA ESCOLA DE VELA
jueves, 14 de abril de 2016
martes, 8 de marzo de 2016
SURCANDO O OBRADOIRO CA DORNA CABUXIÑA
Era un mércores e o lujar
escollido para faser unha reportaxe fotojráfica para a revista “Compostelán”
foi a mítica e emblemática prasa do Obradoiro. E alí presentáronse aljúns dos
membros da peña “Os Cabuxos do Mar” coa dorna polbeira “Cabuxiña”.
O motivo desta “performance
dorneira” foi unha das múltiples labores de promosión da Festa da Dorna nos
medios de comunicasión porque xa sabedes que aínda que o produto sexa bo, sen
unha axeitada posta en escena non se vende un chíu.
Os cabuxos presentes na “navejasión
dorneira” foron: o Home do Catalexo, o capitán Estachas, o Escribán Palmeirán,
o Documentalista Impasiente, o Doutor Dolittle e o Señor Jacobix.
Sumouse a eles a
representante da peña “Parrochiñas da ría”, cuio diminutivo non se pode disir
polo Río da Prata porque significa “parrochiña”.
P. D.: Si, era xuño, pero
fasía un vento que metía medo e unha friaxe que rachaba o cutis. Xa sabedes, un
xuño dos de antes.
jueves, 3 de marzo de 2016
COMO HEMOS CAMBIADO VENANSIO.............
Entrevista na TVG no pojrama de Moncho Lemos fai unhas décadas cando as rans criaban pelo disque. Os entrevistados Marselo Valeiras e Santiajo Páramo ensima dunha das dornas da asosiasión e escola de vela.
lunes, 29 de febrero de 2016
SELEBRASIÓN DOS 50 ANOS DA FESTA DA DORNA
Xa hai case dúas décadas selebramos
os 50 anos da “Festa máis rachada”. Para os que non teñen memoria (ou estaban
na casa planchando a pañoleta para a Jran Noite) o fixemos cunha sinxela serimonia
(pero jodidamente complicada) que consistíu en botar ó aire ribeirense uns
jlobos de papel (tantos como Sinjladuras tiña pasada a Dorna). Como podedes ver
no vídeo houbo quen tivo éxito e outros non tanto.
As imaxes son unha escolma
das diversas actividades de diferentes edisións da festa os anos anteriores a
esa selebrasión do 50 aniversario da Festa da Dorna. Por serto, o “speech” da
historia da Dorna o fai o “Valdano da Festa”.
As imaxes forman parte da historia
da Dorna que vai aparesendo non se sabe onde, non se sabe como, nin tampouco
por que… pero que van chejando a nós como rejalos de nuestro señor. E o que ten
mover os mobles, limpar o faiado ou arrejlar o jaraje.
E si atopades a aljén
coñesido nos “vidrios” non vos riades… o tempo pasa tamén para vos.
miércoles, 9 de septiembre de 2015
RESUMO ENCONTROS CABO DE CRUZ 2015, RUMBO DE COLISIÓN DA DORNA "NAI"
lunes, 6 de julio de 2015
PRIMEIROS ENCONTROS DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS--- RIVEIRA 1993
O vindeiro fin de semana celébranse os XII encontros de embarcacións tradicionais en Cabo de Cruz-Boiro.
Os primeiros encontros fixéronse no ano 93 na nosa aldea de Riveira, donde se coceu todo o que hoxe en día veñen sendo os encontros de embarcacións tradicionais de Galicia, que se celebran cada dous anos nun punto distintivo da xeografía do noso país. Disfrutade do material audiovisual, dun pequeno resumo do que foron os pionerios encontros celebrados en mares riveirenses.
martes, 9 de diciembre de 2014
lunes, 13 de octubre de 2014
BOTADURA DA JALERNA....NAS LETRAS GALEGAS DO 1997(video)
Archivo histórico da botadura da JALERNA alá polo año 1997 de nuestro señor. O buque insignia das "xeiteiras" da ReI COFRADÍA DA DORNA pasou a formar parte do patrimonio da asociación cultural e da escola de vela, xunto as demaís que actualmente conforman o parque tradicional da escola de vela: VIRXE DO CARMEN, JALERNA e NAI.
No video podemos comprobar a cantidade de xente que antes se xuntaba o carón das embarcacións da asociación, pero por desgraza a maioría quedouse polo camiño.
Moitos continuamos, hoxe en día, co traballo da escola de vela e ó coidado e mantemento do patrimonio cultural da asociación, o único patrimonio cultural que ten e que por estatutos debe preservar e promocionar.
PARA VER O VIDEO EN HD E RECUPERAR CALIDADE DE IMAXE DEBIDO Á ANTIGÜEDADE DO MESMO, CANDO PULSEDES O PLAY , NA PARTE DE ABAIXO DA DEREITA SÁLEVOS Ó LADO DE "YOUTUBE" UNHA RODIÑA . PULSADES NELA E PODEDES CAMBIAR A 720HD DONDE PON "CALIDAD"
viernes, 3 de octubre de 2014
UN POUCO DE TEORÍA DAS DORNAS..
Un pequeno achegamento á embarcación DORNA
Sobre a orixe da dorna non imos debater aquí. Moitas son as teses sobre
este tema: desde as orixes nórdicas duns ata a influencia das embarcacións mediterráneas, pasando polas similitudes con
embarcacións da chamada área cultural celta.
Pero... por que non podemos pensar que á dorna é unha embarcación
orixinariamente galega, o que non exclúe a importancia das influencias e
achegas recibidas polo contacto con outras culturas, como defende o noso
primeiro presidente Santiago Páramo no seu estudio sobre as dornas?
... Por que os nomes dos costados son específicos das dornas: arca ou meo para babor e couso para estribor, que ben puideron
ser tomados de puntos xeográficos da boca da ría como a punta da Arca ou Couso
en Aguiño?
... Non será quizais que nunha área determinada, o remate da península do
Barbanza na ribeira norte da ría de Arousa, nunha época imprecisa desenvolveuse
un tipo de embarcación propia que acabou estendéndose polo litoral das Rías
Baixas?
... O nome definitorio de “dorna carreirana” non terá que ver co berce da
súa orixe?
O que é indiscutible é que a dorna é a embarcación máis representativa da
Nosa Terra.
A construción tradicional das dornas consiste nunha técnica chamada tingladillo que na ribeira norte da ría
de Arousa coñécese como de calime.
Este consiste na superposición das táboas do casco como se fosen tellas, sendo
isto unhas dos grandes sinais de identidade das dornas.
O tamaño dunha dorna determina tamén o tipo da mesma e o tamaño mídese por cuartas de quilla, equivalendo esta a
21 centímetros.
O tipo de dorna ven definido polo seu tamaño, que está determinado polas
artes de pesca e traballos no mar ó que son destinadas. Tradicionalmente, tres
tipos de dorna son subliñados: polbeira, trasmalleira e xeiteira.
A polbeira é a máis pequena das
dornas, estando as súas medidas ó redor das 7 ou 8 cuartas de quilla. A súa
actividade vai dirixida á pesca do polbo, a pesca de liña ou a colleita da
ameixa e a súa actividade realízase nas augas interiores da ría. Pode ser
tripulada por un só mariñeiro.
A trasmalleira, ocupa un tamaño
intermedio entre a polbeira e a xeiteira e empregábase para a pesca con
trasmallos, liñas e palangres.
A xeiteira, é a maior das
dornas(máis de doce cuartas) e a que maior tripulación precisaba, sendo a súa
arte de pesca, o xeito. Está deseñada para navegar en mar aberto, máis aló da
boca da ría na procura dos bancos de sardiña. A súa tripulación podía estar
composta por media ducia de mariñeiros.
As dornas tradicionais van aparelladas con vela “ó terzo” ou de relinga. O
emprego dos remos na propulsión presenta a característica voga cruzada que
permita a un mariñeiro pescar coa liña e facer as manobras pertinentes ó mesmo
tempo.
Podemos observar outra diferenza tipolóxica nas dornas, entre as dornas
carreiranas e mecas, atendendo ó lanzamento da proa destas últimas, sendo
propias do litoral do Grove.
Coa introdución do motor e as novas innovacións técnolóxicas motivaron que
os carpinteiros de ribeira fosen adaptando as dornas ás novas necesidades
suscitadas, adaptando a embarcación en función dos usos e necesidades das súas
actividades. Por exemplo, a aparición da dorna
de tope, unha variante construtiva da tradicional dorna de calime que
presenta un forro liso, levando as xuntas das táboas da obra viva unidas a tope.
Unha bibliografía para achegarse ó
mundo das dornas e das embarcacións tradicionais:
Mörling, Staffan. As embarcacións
tradicionais de Galicia (Ed. Consellería de Pesca, 1989)
Mörling, Staffan. “Lanchas e dornas: a estabilidade cultural e morfoloxía
das embarcacións na costa occidental de Galicia” (Consellería de Pesca, 2005)
Páramo Aller, Santiago. “As dornas. No marisqueo e na pesca artesanal na
Arousa Norte” (Consellería de Pesca, 1991)
Lourenzo Fernández, Xaquín. “As dornas de Porto do Son” (Revista Nós nº
126-127, 1934)
Fariña Bustos, Francisco. “Sobre el origen histórico de la dorna”. (Boletín
Auriense, tomo V, 1975)
Massó y García-Figueroa, J. Mª. “Barcos en Galicia de la prehistoria hasta
hoy y del Miño al Finisterre” (Deputación de Pontevedra, 1982)
jueves, 25 de septiembre de 2014
OFRESIDOS Ó NASARENO.....
CUADERNO DE BITÁCORA: (VIDEO ABAIXO)
Asalto ó Nazareno 2014.
(traducción al "jallejo da ría")
Penúltimo fin de semana do mes de Setembro. Tíñamos ofresida á escola de vela ó Nasareno e había que cumplir. Sufrimos durante a semana o primeiro temporal pre-otoñal con ventos do cuadrante SO moi duros e imposibles para a vela tradisional. A medida que morría a semana, as predicsións meteorolóxicas daban a expirasión do mesmo para o fin de semana. Falamos con varios "miembros" da escola de vela e fóronse dando de baixa asercándonos á fecha. Os últimos en irse pola pata abaixo debido a forsa do vento previsto (12-14 nudos), foron o capitán Jalo e o capitán Broncas que preferiron ir de tabernas que asaltar o Nasareno, os anos non perdonan. Quedábamos os 3 únicos ajerridos e intrépidos mariñeiros da escola de vela capases de loitar e venser o temporal reinante, capitán Estachas, capitán Madero e contramaestre Vito.
Quedamos o sábado as 15:30h na nosa fanequeira autorisada, o Bahía, donde repuxemos forsas e inxerimos líquidos para evitar a deshidratasión e lidiar ca xeira que nos esperaba. Capitán Madero veuse arriba e quería salir con todo o trapo da dorna "NAI", pero o capitán Estachas escupindo sapos pola boca oblijounos a meter risos na maior que redusían drásticamente a capasidá da vela canjrexa. Ó virar a punta do muelle de Riveira e despois de levar por diante aljún aparello de pesca das cañas que alí estaban a pescar, puxemos rumbo a la Puebla para asistir á sita co Nasareno. O vento era bo, mar de fondo de direcsión O-SO que entraba dentro da ría desde a costa, cousa habitual cando os mares veñen con direcsión portujesa, formando ondas xeitosas que xunto co vento reinante e a mar risada, fasían a xeira divertida e dinámica. Fixemos a maioría da xeira nun larjo, tendo no último tramo unha boa empopada. O vento foi amainando como nos daban os partes de internete ¿Qué é eso de mirar o tempo no periódico? Así pasan os carallos que pasan ¿ Verdá capitán Madero? la prensa la carga el diablo jajajaja. Arribamos ó puerto da Puebla un par de horas despois e cumplimos co ofresimento da escola de vela, tomando unha bebida espirituosa para selebrar a asaña.
Despois de recuperar líquidos volvemos embarcar na dorna "NAI" para faser o traxecto de volta, xa con vento moito mais calmado e con cambio de cuadrante, polo que na mitá do rejreso tuvemos que ensender o "forestroker" e ir janando barlovento (navejasión preferida de capitán Broncas) e chejar cas derradeiras luses do solpor ó porto de Riveira.
Que bonita Santa Eugenia de Riveira con sus luces recibiéndonos y la dársena llena de lixo.
20/09/2014
DESPOIS DE DAR A PLAY, NA RODA PODES (^) CAMBIAR A HD720
martes, 23 de septiembre de 2014
sábado, 20 de septiembre de 2014
HISTORIA DA ESCOLA DE VELA...
A
ESCOLA DE VELA da Real e Ilustre COFRADÍA DA DORNA
Para explicar a creación da Escola de Vela da Real e Ilustre Cofradía da
Dorna hai que remitirnos á constitución en Ribeira da Asociación Cultural “Real
e Ilustre Cofradía da Dorna” un 28 de decembro de 1990 e a creación dos seus
estatutos fundacionais que textualmente dicen:
Art. 2: O fin principal desta
asociación será a organización e celebración da FESTA DA DORNA (24 de xullo),
así como a organización de todo tipo de actos culturais, medioambientais e
formativos relacionados co mar, as actividades mariñeiras e a exaltación,
recuperación e promoción da embarcación típica da ría de Arousa chamada DORNA.
Tendo este obxectivo primordial como punto de partida, a Real e Ilustre
Cofradía da Dorna traballou a reo desde os seus inicios na procura do mesmo. Na
súa labor de recuperación a R. e I. Cofradía da Dorna iniciou un proceso de
documentación e busca de financiamento que converxeu no proxecto de
recuperación da dorna xeiteira, noutros tempos embarcación senlleira das nosas
costas e que terminou desaparecendo baixo os procesos de modernización da flota
pesqueira galega.
Ese pulo callou na construción dunha dorna xeiteira na carpintería de
ribeira de Domingos Ayaso en Aguiño. Deste xeito, botouse ó mar a dorna
xeiteira bautizada co nome provisional de “Xacobeo 93”. O motivo deste nome foi
o patrocinio da Xunta de Galicia xa que a nosa dorna representou a Galicia na
primeira festa marítima de Brest no ano 1992, xunto a un pequeno grupo de
embarcacións galegas.
Posteriormente sería bautizada co nome de “VIRXE DO CARME” seguindo a
tradición establecida nos primeiros anos de celebración da “Festa da Dorna”.
Loxicamente a botadura da “Virxe do Carme”, levaba consigo a creación dunha
Escola de Vela, como así se fixo.
A Real e Ilustre Cofradía da Dorna participou na primeira edición da Festa
Marítima de Brest en 1992 como quedou dito e alí os homes e mulleres da
Cofradía da Dorna reuniron unha información moi importante e fixeron contactos
moi proveitosos con mariñeiros e asociacións do ámbito da cultura marítima do
Atlántico europeo. Aquela participación foi determinante no futuro da nosa
asociación e dos representantes da cultura mariñeira galega: á volta de Brest un
pequeno grupo de asociacións constituímos a Federación Galega pola Cultura
Marítima (FGCM).
Toda aquela emoción e paixón deu como froito, algo que co paso do tempo, é
un fito na defensa da cultura mariñeira e do tecido patrimonial que gravita
arredor dela: os Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Para
nós, a Real e Ilustre Cofradía da Dorna, é un profundo orgullo ter sido os primeiros
organizadores deste evento que vai moito máis alá dunha xuntanza de
embarcacións. Aquel I Encontro celebrouse no porto de Ribeira no ano 1993. O
resto é unha fermosa historia construída polo traballo e paixón de moitos homes
e mulleres que aman a nosa cultura mariñeira e que cada dous anos fan máis
grandes e importantes os Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
A Escola de Vela da Real e Ilustre Cofradía da Dorna é participante
habitual das actividades organizadas pola FGCMF ou das súas asociacións
integrantes. Entre esas presenzas subliñamos as máis importantes sen desmerecer
outras nas que participamos:
Festa Marítima de BREST (celébrase neste porto da Bretaña cada catro anos):
1992, 1996, 2000, 2004, 2008
Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia: Ribeira (1993), Coruxo
(1995), O Grove (1997), Rianxo (1999), Combarro (2001), Illa de Arousa (2003),
Cambados (2005), Ferrol (2007), Muros (2009), Carril (2011), O Freixo (2013),
tendo no horizonte Cabo de Cruz (2015)
I Regata de Velas Cangrexas-II Premio AGABACE no Cabo de Cruz (2014)
IV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais Deputación de Pontevedra en Punta
Moreiras-O Grove (2014)
A Escola de Vela organiza singladuras pola ría de Arousa de marcado contido
antropolóxico e cultural (entendendo a gastronomía e a enoloxía como parte
integrante destes conceptos), visitando os portos da ría en navegacións que se
combinan co lúdico e o festivo. Como mostra deste xeito de entender a
navegación en dorna, a “NAI” leva máis de dez anos amarrando no porto de Rianxo
para celebrar cos nosos irmáns rianxeiros a festa da Guadalupe, cando o tempo o
permite. As nosas dornas visitan con asiduidade, fundamentalmente, os portos
arousáns e non é estraño ve-las amarradas nos peiraos de Vilagarcía, A Illa, A
Pobra do Caramiñal ou Palmeira, onde sempre atopamos xente coma nós, apaixonada
das embarcacións tradicionais e da nosa cultura marítima.
jueves, 18 de septiembre de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























.jpg)
.jpg)
.jpg)







.jpg)























